Lavadora e Lavado a Man: Imprescindibles
Para gustos, cores. Para lavar a roupa, diferentes produtos.
· Vinagre, nun post anterior (aquí) falamos das diversas funcións deste produto e unha delas é para lavar, desinfectar, eliminar cheiros e coidar a roupa.
· Deterxente de roupa escura, se no teu armario abunda a roupa escura, non pode faltar un deterxente específico para este tipo de prendas. Axudará a que non queden manchas e ademais durará máis a viveza e tonalidade da prenda.
· Xabóns de taco, os produtos de toda a vida foron e seguen a ser efectivos e multiusos. Utiliza xabón lagarto ou xabón teide para eliminar manchas, limpar pescozos, puños, etc.
Deberás aplicar o xabón nesa zona concreta e logo, lavar a man ou a máquina.
· Percarbonato, este produto tamén se coñece como auga osixenada sólida e a súa función principal é branquear as prendas. Para iso basta con aplicar os polvos na lavadora ou para lavar a man.
A súa outra función é como quitamanchas, para iso, terás que crear unhas pasta con auga e o percarbonato e aplicar sobre a mancha. Logo, hai que aclarar ou meter na lavadora.
· Amoníaco, é o aliado perfecta para quitar manchas de graza, sangue... Para este fin, terás que crear unha mestura de auga con amoníaco e pulverizar enriba da mancha para deixar actuar; logo meter na lavadora ou lavar a man.
Tamén funciona para eliminar ulidos a humidade, para iso hai que engadir unha taza no ciclo de aclarado en lugar de suavizante.
· Suavizante, o efecto deste produtos son coñecidos: conseguir que as prendas estean máis esponxosas, suave; ademais de deixar un aroma intenso.