Por qué o teu perfume non dura?
Hidrata a túa pel 🌸
Tes a pel con tendencia á sequidade? A pel seca pode facer que o aroma se perciba durante menos tempo.
✨ O truco: aplica unha crema hidratante antes do perfume. Axudará a manter a pel hidratada e pode favorecer que o aroma dure máis. Podes usar unha crema sen perfume ou unha da mesma fragancia para potenciar o seu aroma.
Aplica o perfume correctamente 🌸
Podes pulverizalo no pescozo ou nos pulsos, sempre que a túa pel tolere ben o produto.
✨ O truco: deixa que a fragrancia seque naturalmente, sen frotar, así evitarás alterar a forma na que o aroma se percibe durante os primeiros momentos.
E se aplicas o perfume na roupa? A roupa pode axudar a que o aroma se perciba durante máis tempo, xa que os tecidos poden reter a fragancia.
💡 O consello: se queres perfumar a roupa, proba primeiro nunha zona pouco visible e comproba as indicacións do produto.
⚠️ Ten coidado cos tecidos delicados, como a seda, e coas prendas claras, xa que o perfume pode deixar manchas.
Cambios
O teu perfume cambia co paso das horas? Non significa que o aroma desaparecese, é normal. O pefume evoluciona desde que o aplicas ata que pasan varias horas.
✨ Notas de saída: son as primeiras que percibes, máis frescas e volátiles.
🌷 Notas de corazón: aparecen despois e definen o carácter do perfume.
🤎 Notas de fondo: son as que evolucionan máis lentamente e poden permanecer na pel durante máis tempo.
💡 O consello: non xulgues un perfume só polo seu aroma inicial. Deixa que evolucione na túa pel antes de decidir se é para ti.
Combina produtos da mesma fragancia 🌸
Tes o xel de ducha ou a crema corporal do teu perfume ? Combínaos co teu perfume para crear unha experiencia aromática máis completa.
✨ O truco: combina produtos da mesma liña para superpoñer as notas e potenciar a presenza do aroma.
Esta técnica, coñecida como layering, axuda a crear unha experiencia aromática máis completa. Non garante que o perfume dure todo o día, pero pode axudar a prolongar a súa percepción.
Non todos os perfumes duran igual 🌸
A duración dun perfume depende da súa concentración, pero tamén dos ingredientes e da súa composición.
Por iso, un Eau de Parfum adoita durar máis ca un Eau de Toilette, aínda que non sempre é así.
✨ O consello: se buscas un perfume que dure máis tempo, proba a fragancia na túa propia pel e observa como evoluciona ao longo do día antes de decidirte.
Cada fragancia é diferente!
Conserva ben o perfume.
Calor, a luz directa, cambios de temperatura poden alterar a fragancia.
O mellor lugar? Un lugar fresco, seco e protexido da luz, lonxe das ventás e dos radiadores.
❌ O baño, non é un bo sitio.
