Avda. Pontevedra, 19 - Monterroso.

Protección solar en inverno

04.11.2021

¿Protección solar en inverno? Pois sí, deberías empregala cada día do ano nas zonas máis expostas: cara, pescozo.

A tendencia é pensar que só é necesaria cando imos estar expost@s durante un gran período de tempo os raios do sol, como ocorre no verán.

Isto é certo pero non debemos olvidar que no inverno seguimos estando expostos ós raios ultravioletas, luces ambientais, luz azul,... esto provoca envellecemento prematuro: manchas, engurras,...

Ademais, durante o inverno a nosa pel tamén ten que loitar contra as baixas temperaturas, calefacción, cambios bruscos de temperatura e humidade; estes factores causan que a pel se reseque en exceso propiciando a aparición de gretas e rojeces.

O ideal é que todos os membros da familia utilicen unha crema solar superior a factor 30 aínda que esto dependerá da túa actividade diaria. 

A miña base de maquillaxe ten SPF 20, é suficiente?

Non. Pensa na cantidade que estás aplicando e compáraa coa que utilizarías de protección, hai diferenzas, verdade?

Realiza a túa rutina facial habitual, logo aplica a protección solar e por último maquíllate.

Canta cantidade debo aplicar?

Para que a protección sexa eficaz, hai que utilizar unha cuchariña de café, pódese tomar como referencia dúas liñas de crema nos dedos coma na imaxe

A miña crema hidratante habitual ten SPF, é suficiente?

Hai que fixarse que o factor sexa igual ou superior a 30.

Unha boa opción se non se quere empregar varios produtos son a liña Sophie Skin de Sesderma, combinan tratamento específico con SPF 50. Si queres, podes ler este post onde tes máis información acerca desta gama. 

Link en Galego                         Link en castelán