Caderno
 A5 inspirado na expresión popular que nos transporta a momentos de 
foliadas, xuntanzas e ledicia: «Ei, Carballeira». Inclúe un marcafollas 
con texto inspirador.
                            
Orgullosa
 do noso? Refraneira por natureza? Este caderno é pra ti. Con tapa 
extradura e encadernación en espiral cor bronce. Inclúe marcapáxinas con
 texto inspirador.
Tamaño medio (Din A5: 14,8 x 21 cm). O seu interior é punteado, pra 
que poidas utilizalo pra escribir ou debuxar. Cada páxina leva o detalle
 dunha libélula (emblema da marca e símbolo de poder e equilibrio) nunha
 esquina.
Deseñado e producido en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.