Caderno A5 inspirado na obra da poeta galega María Mariño. Na 
portada, a súa cita: «Froriña de alto talle entre herba ben nacida».
Inclúe un marcafollas pra que coñezas a súa historia
                            
Con tapa extradura e encadernación en espiral cor bronce. Inclúe marcapáxinas con texto inspirador.
Tamaño medio (Din A5: 14,8 x 21 cm). O seu interior é punteado, pra 
que poidas utilizalo pra escribir ou debuxar. Cada páxina leva o detalle
 dunha libélula (emblema da marca e símbolo de poder e equilibrio) nunha
 esquina.
Deseñado e producido en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.