Caderno
A5 inspirado en Rosalía de Castro, a nosa máis emblemática poeta. En
portada, unha mostra dun dos seus poemas: «Só cantos de independencia e
liberdade balbuciron os meus beizos». Inclúe un marcafollas.
Con tapa extradura e encadernación en espiral cor bronce. Inclúe marcapáxinas con texto inspirador.
Tamaño medio (Din A5: 14,8 x 21 cm). O seu interior é punteado, pra
que poidas utilizalo pra escribir ou debuxar. Cada páxina leva o detalle
dunha libélula (emblema da marca e símbolo de poder e equilibrio) nunha
esquina.
Deseñado e producido en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.