Sobre min ♥
De pequena, ano tras ano a miña cartas ós Reis Magos pedía o mesmo: un maniquí e un maletín de maquillaxe. Era feliz rodeada de maquillaxe, cosmética, peine; podía pasar horas peinando e maquillando ás miñas bonecas.
O certo é que sempre me quixen adicar ó mundo da beleza pero comecei a miña traxectoria profesional noutro sector totalmente diferente pero sen deixar nunca de lado a miña verdadeira paixón: a maquillaxe.
Ata fai uns anos os meus coñecementos eran soamente autodidactas e decidín que era o momento de ir un paso máis aló. O meu traballo non me permitía poder acceder a unha academia física polo que me interesei pola formación online.
Realizacei a miña formación teórico - práctica onde cursei:
▪ Tipos de delineados.
▪ Maquillaje de ojos - formas clásicas.
▪ Maquillaje de día y de noche.
▪ Maquillaje de novia.
▪ Ivan Gómez - Máster Online de Delineados.
▪ Ivan Gómez - Curso online de maquillaje y peluquería para eventos. ▪ Javier Romero Makeup & Hair - Curso teoría del color para maquillar.
E sen deixar de practicar, sempre hai cousas que mellorar.
Maquillaxe para noivas ♥
A noiva ideal é aquela que se sente ela mesma, a que brilla con luz propia.
Cada noiva é especial, ten as súas preferencias, as súas necesidades e eu serei a túa aliada para encontrar a maquillaxe perfecta para ti.
Maquillaxe para eventos
¿Queres verte preciosa para unha voda ou evento? Teño diferentes opcións para ti según os teus gustos 🙂
Queres reservas un servizo? Un agasallo diferente? ¡Regala beleza!
Só tes que engadir ó carro a túa elección e en observacións indicar o nome da persoa e listo! Tarxeta en marcha ♥
Traballos realizados ♥
Asesorías Grupais ♥
En Decembro de 2022 estiven impartindo asesorías de maquillaxe enfocada ó empoderamento feminino a través da autoestima da muller.
Foron case 3 horas de asesoría nas cales comezamos co coidado diario de pel, preparación da mesma antes de maquillarse e realizar unha maquillaxe completa. Para isto contaron cun kit completo de cosméticos, maquillaxe e pincelería.
As seguintes imaxes foron realizadas en Melide para a Asociación de mulleres rurais Alecrín:
Tamén no mes de Decembro, tivo lugar no Concello de Antas de Ulla a mesma asesoría. Nesta ocasión dividiuse en dúas xornadas de 2,5 horas cada día.
Mulleres do concello asistiron para aprender a coidar a súa pel, resaltar a súa beleza creando dous looks diferentes; ademais disto, falamos de mulleres empoderadas que foron pioneiras no sector da beleza.
O Concello encargoume un cun kit de pinceis e maquillaxe para poñer en práctica o aprendido.
Imaxes realizadas no Concello de Antas de Ulla.